Aberto o prazo de inscrición das escolas deportivas infantís de Meira

TerraChaXa
Estas actividades é un servizo gratuíto que ofrece o Concello de Meira
escolas-deportivas-municipais-meira-portada
16 sep 2024

O Concello de Meira abre hoxe luns, 16  de setembro, o prazo de inscrición para as actividades das escolas deportivas municipais, que terán lugar desde o mes de outubro ata o mes de maio, despois da xornada escolar.

As primeiras actividades previstas son as de patinaxe, atletismo, fútbol sala, baloncesto e multideporte, seguindo a liña de anos anteriores, nos que foron as máis solicitadas.

A inscrición deberá facerse na casa da cultura de Meira en horario de 9.30 a 13.30 e de 14.30 a 18.00 horas.

Estas actividades é un servizo gratuíto que ofrece o Concello de Meira.

0.10052490234375