Aberto o prazo de inscrición de postos do Mercado de Primavera do Valadouro
O 28 de marzo a Vila de Ferreira volta o pasado, ca XIV edición do Mercado Tradicional de Primavera.
Os interesados en colocar un posto de artesanía ou de produtos autóctonos debrán visitar a páxina web do Concello.
Haberá un horario mínimo para os postos de 10.00 a 19.00 horas. A partires de ahí, será decisión de cada posto continuar ou recoller os seus produtos.
Poderase acceder ao recinto feiral con vehículos desde as 8 e ata as 10.00 horas e entre as 19 e as 21 horas e despois das 02.00 do día 29 de marzo. Fora deste horario, solo poderán acceder ó recinto feiral os vehículos autorizados (animacións, etc…), organización e prioritarios de emerxencia.
O prazo de inscrición estará aberto ata o 18 de marzo podendo formalizarse nas oficinas da Casa da Cultura, por teléfono no 982 571 516, por email en cultura@valadouro.org ou mesmo na sede electronica do concello do Valadouro.
Recoméndase que tanto os distintos postos como as persoas encargadas dos mesmos estean caracterizados como se se tratase dun mercado dos anos 40 ou 50.