Aberto o prazo de inscrición para a Nocturna de San Ramón, que será o 6 de setembro

TerraChaXa
As persoas interesadas en participar na andaina poden facelo telematicamente ou presencialmente, o propio día
carrera-nocturan-san-ramon
24 Aug 2025

Vilalba será escenario o sábado 6 de setembro da sétima edición da Nocturna de San Ramón, organizada polo Club Atletismo Vilalba coa colaboración do Concello de Vilalba. A proba terá chegada e saída á praza da Igrexa.

As carreiras comezarán ás 19.00 horas coas diferentes categorías infantís e xuvenís.
A proba sénior, de cinco quilómetros dará comezo ás 21.00 horas e haberá tamén a esa hora unha andaina de tres quilómetros.

As inscricións están abertas ata o 3 de setembro e poden realizarse en www.championchipnorte.com.

As persoas interesadas en participar na andaina poden facelo telematicamente ou presencialmente, o propio día da Nocturna de San Ramón desde as 17.00 ata as 20.00 horas na praza de Sta. María.

As inscricións teñen un prezo de 6 euros para a carreira absoluta e 1 euro para a andaina. Os atletas infantís non pagan.

Haberá un trofeo e premio económico para os tres primeiros clasificados da absoluta e trofeos tamén para os tres primeiros das probas infantís a partir de sub 10.

⚙ Configurar cookies
0.17853188514709