Aberto o prazo de inscrición para a XV Carreira Escolar das Letras Galegas

TerraChaXa
A carreira celebrarase o vindeiro 16 de maio, ás 11:00 horas, no Estadio Municipal da Madalena
carreira-letras-galegas-vilalba
23 Apr 2025

A partir de hoxe, mércores 23 de abril, ábrese o prazo de inscrición para participar na XV edición da Carreira Escolar das Letras Galegas, unha cita xa consolidada no calendario deportivo e educativo do municipio. O procedemento de inscrición deberá realizarse exclusivamente a través dos centros educativos locais.

A carreira celebrarase o vindeiro 16 de maio, ás 11:00 horas, no Estadio Municipal da Madalena. Nesta edición, contará con sete categorías mixtas e de carácter participativo: chupete, biberón, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete.

A inscrición é totalmente gratuíta para todas as categorías e permanecerá aberta ata o martes 7 de maio, incluído. Esta iniciativa, que une deporte e cultura, busca fomentar a participación e a celebración das Letras Galegas entre a mocidade.

⚙ Configurar cookies
0.16472005844116