Aberto o prazo de inscrición para as novas altas das Escolas Deportivas de Lourenzá
O Concello de Lourenzá vén de abrir o prazo de inscrición para as novas altas das Escolas Deportivas.
O prazo estará aberto ata final de mes aínda que de momento os únicos adestramentos que se reiniciaron son os de atletismo.
O patinaxe terá un inicio inminente e o resto das seccións como fútbol, fútbol sala, baloncesto, duatlon e ciclismo aínda están pendentes das indicacións das autoriadades respectivas para programar o seu comenzo.
Lembra que os alumnos que xa formaron parte de edicións pasadas non necesitan enviar de novo a inscrición se os datos seguen sendo os mesmos, xa que a renovación será de forma automática.
As prazas que quedan libres agora en atletismo e patinaxe son limitadas e quedan poucas libres polos límites que marca sanidade dentro do protocolo establecido.
As idades de participación son en fútbol a partir do 2016, en fútbol sala a partir do 2016, en baloncesto a partir do 2012, en atletismo a partir do 2013, en campo a través a partir do 2013, en duatlón a partir do 2013, en ciclismo a partir do 2013, e en patinaxe a partir do 2013.
A ficha de inscrición na web do club e tamén nas oficinas municipais do Concello de Lourenzá.