Aberto o prazo de inscrición para o Paseo Xeolóxico en Foz

Foz
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Aberto o prazo de inscrición para o Paseo Xeolóxico en Foz que será o domingo 16 de agosto, dentro do programa A Mariña en Ruta de A Mariña lucense turismo Así, o 16 de agosto hai unha gran oportunidade de aprender da man de Fran Canosa, Licenciado en xeoloxía pola Universidade de Salamanca e Doutor en xeoloxía pola Universidade de Oviedo.
1
12 Ago 2020

Aberto o prazo de inscrición para o Paseo Xeolóxico en Foz que será o domingo 16 de agosto, dentro do programa A Mariña en Ruta de A Mariña lucense turismo

Así, o 16 de agosto hai unha gran oportunidade de aprender da man de Fran Canosa, Licenciado en xeoloxía pola Universidade de Salamanca e Doutor en xeoloxía pola Universidade de Oviedo.

A contorna da ría de Foz ten numerosos lugares con interese xeolóxico, por iso proponse facer este paseo polas súas inmediacións para coñecer un pouco máis sobre a orixe e evolución das rocas que aquí se atopan. O Paseo xeolóxico, dará comezo ás 10.00 horas na Escola Municipal de Música de Foz, e é un roteiro circular de 3 horas no que coñeceremos as estructuras xeolóxicas e as pediccións dos cambios que se van a producir no seu futuro máis próximo.

É aconsellable usar roupa e calzado cómodo, gorra e crema solar ou chaqueta impermeable e levar auga. Existen 15 prazas dispoñibles.

0.18888092041016