Aberto o prazo de inscrición para os campamentos de verán en Vilalba

TerraChaXa
As inscricións poderán realizarse a través da Sede Electrónica ou presencialmente no Rexistro Xeral do Concello
campamentos-vilalba
30 Mar 2025

Este luns, 31 de marzo, abrirase o prazo de inscrición para os campamentos de verán en Vilalba, destinados a nenos e nenas de entre 5 e 12 anos. Como cada ano, organizaranse en dúas quendas de 50 prazas cada unha. A primeira quenda desenvolverase do 30 de xuño ao 24 de xullo, mentres que a segunda terá lugar do 28 de xullo ao 22 de agosto. Cada participante poderá inscribirse en ambas, indicando cal é a súa opción preferente.

As inscricións poderán realizarse a través da Sede Electrónica ou presencialmente no Rexistro Xeral do Concello, situado nas oficinas xerais do primeiro andar. O horario dos campamentos será de 9:00 a 14:00, dando prioridade ás actividades ao aire libre.

As bases completas, incluíndo a documentación necesaria, as normas xerais e a cota de inscrición, poden consultarse na Sede Electrónica do Concello de Vilalba. O prazo de inscrición finalizará o 11 de abril.

⚙ Configurar cookies
0.11990213394165