Aberto o prazo de inscrición para os campamentos urbáns de Nadal nas Pontes

TerraChaXa
O Concello das Pontes abriu o prazo de incrición para participar nos campamentos urbanos de Nadal 2019-2020, unha iniciativa da Concellería de Igualdade que ten como obxectivo prioritario permitir ás familias do municipio conciliar a vida laboral, persoal e familiar.
10 Dec 2019

O Concello das Pontes abriu o prazo de incrición para participar nos campamentos urbanos de Nadal 2019-2020, unha iniciativa da Concellería de Igualdade que ten como obxectivo prioritario permitir ás familias do municipio conciliar a vida laboral, persoal e familiar.

Os campamentos, dirixidos as nenas e nenos nados entre 2007 e 2015, desenvolveranse os días 23, 26, 27 e 30 de decembro e os días 2, 3, e 7 de xaneiro de 2020 e inclúen diferentes propostas de actividades lúdico-educativas orientadas a promover valores como o respecto mutuo, a tolerancia, a igualdade e a colaboracion, encamiñados a facilitar a convivencia entre os menores.

As actividades levaranse a cabo en horario de mañá, de 09:00 a 14:00 horas, no CEIP A Fraga. Hai 30 prazas dispoñibles e a cota de inscrición é de 40 euros por cada menor inscrito.

As persoas interesadas en inscribir aos seus fillos e fillas nestes campañamentos deben estar empadroados no Concello das Pontes e trallabando (un ou os dous membros da parella) no período de vacacións e no caso de non estar traballando contemplarase a circunstancia de coidar a unha persoa dependente, realizar algún curso de formación ou enfermidade da persoa coidadora.

Para a xustificacion destas situacións é preciso achegar a seguinte documentación: fotocopia do libro de familia (en caso de ser o primeiro ano de inscrición), fotocopia do DNI (en caso de ser o primeiro ano de inscrición) certificado de empadroamento do/a menor e solicitantes ou autorización para a comprobación destes datos no padrón municipal, certificados de empresa conforme se está traballando ou non en período de vacacións (para as persoas autónomas entregarase fotocopia do último recibo de autónomos), certificado da entidade que imparte a formación de estar asistindo a ela, declaración xurada de estar a traballar no servizo doméstico (de ser o caso) así como outra documentación que se requira para xustificar as diferentes situacións de respiro familiar ou similares.

As inscripcións poden presentarse no Rexistro Municipal do Concello, desde o 9 ao 18 de decembro de 2019, en horario de 8:30 a 13:30 horas. Tamén poderá presentarse a través da sede electrónica https://sede.aspontes.org/

Unha vez demostrados os requisitos, terase en conta o número de entrada da solicitude no Concello para axudicar as prazas dispoñibles.

0.063151836395264