Aberto o prazo de matrícula na Escola de Música Municipal de Guitiriz e Parga

TerraChaXa
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o luns 15 de setembro
instrumentos-pandeiretas
13 Sep 2025

A Escola de Música Municipal de Guitiriz abre un novo prazo de matrícula para cubrir as prazas vacantes do curso 2025/2026, ofrecendo unha ampla variedade de opcións para iniciarse ou perfeccionar a aprendizaxe musical.

As vacantes dispoñibles inclúen prazas en Iniciación á Música os luns ás 16:15 horas, así como en Vento Madeira (saxofón, frauta ou gaita) os luns ás 15:00 e ás 15:30 horas, e tamén os xoves ás 20:00 horas, neste último caso con opción de clarinete. Ademais, hai prazas libres en Guitarra os xoves ás 19:00 horas e os venres ás 20:30 horas.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o luns 15 de setembro. As persoas interesadas deberán anotarse de forma presencial no Rexistro do Concello, onde tamén poderán obter máis información.

A maiores, a Escola de Música Municipal de Guitiriz impulsa unha iniciativa dirixida a nenos e nenas do Cole de Parga, ofrecendo a posibilidade de iniciarse na música. A actividade desenvolverase os luns ás 15:15 horas, despois do comedor, e está pensada para quen queira aprender a bailar ou tocar algún instrumento.

Para inscribirse nesta proposta, só é necesario contactar co teléfono 619 100 188.

⚙ Configurar cookies
0.17024779319763