Aberto o prazo de matrícula para os cursos da Aula Mentor en Guitiriz

TerraChaXa
Estes cursos son gratuítos e non requiren exame presencial
cursos-aula-mentor
26 Mar 2025

O Concello de Guitiriz anuncia a apertura do período de matrícula para os cursos en aberto da Aula Mentor, que terá lugar ata o 3 de abril. A formación dará comezo o 7 de abril e terá unha duración de entre mes e medio e dous meses.

Estes cursos son gratuítos e non requiren exame presencial. Entre a oferta formativa destacan cursos de tecnoloxía e seguridade dixital, como Linux Unhatched, Introdución á Ciberseguridade ou Networking Essentials (todos de Cisco), así como formación en Salesforce e Iniciación á Física.

As persoas interesadas poden matricularse a través da Aula Mentor máis próxima (aulamentor.es). Para os cursos de Cisco, obterase unha insignia ao completalos, aínda que sen certificación oficial. Para o resto dos cursos, emitirase un certificado de aproveitamento.

Esta iniciativa conta co apoio do Ministerio de Educación e Formación Profesional e a colaboración do Concello de Guitiriz.

⚙ Configurar cookies
0.44962811470032