Aberto o prazo de solicitude das axudas para a recuperación de terras, dotadas con 300.000 euros

TerraChaXa
Esta semana abriuse o prazo para a solicitude de axudas para a recuperación de terras abandonadas, nas que o Goberno Provincial inviste 300.
21 Aug 2018

Esta semana abriuse o prazo para a solicitude de axudas para a recuperación de terras abandonadas, nas que o Goberno Provincial inviste 300.000 euros, e que dan resposta as demandas dos propios gandeiros e agricultores. O Executivo Provincial demostra desta forma, o seu compromiso co rural da provincia. A convocatoria e toda a información atopase dispoñible na páxina web da Deputación.

Poderán solicitar estas axudas gandeiros e agricultores a título individual; agrupacións de produtores; SATs ou persoas xurídicas coa titularidade de explotacións, que dispoñan dun mínimo dunha hectárea de superficie, ben en réxime de propiedade, aluguer, ou froito dunha cesión ou doazón.

As terras beneficiadas terán que destinarse a actividades agrícolas ou gandeiras. Queda fóra, polo tanto, a explotación forestal. A subvención por hectárea é de 500 euros e cada beneficiario poderá recibir un máximo de 9.000 euros.

Unha medida pioneira

O Executivo Provincial foi a primeira administración galega en apostar por unha medida similar. Nos dous anos que estas axudas estiveron en funcionamento, 2014 e 2015, o Goberno Provincial investiu máis de 560.000 que serviron para que 178 agricultores lucenses recuperasen 1.200 hectáreas de terreos baldíos na provincia.

0.16577482223511