Aberto o prazo de solicitude para a escola infantil A Barosa das Pontes

TerraChaXa
As persoas interesadas deberán achegarse ao centro para recoller o sobre coa documentación necesaria para a súa tramitación
escola-infantil-a-barosa-as-pontes
25 Mar 2026

O Concello das Pontes mantén aberto o prazo de solicitude de novo ingreso para o curso 2026-2027 na Escola Infantil Municipal A Barosa.

As persoas interesadas deberán achegarse ao centro para recoller o sobre coa documentación necesaria para a súa tramitación. O horario de atención será de luns a venres, de 10:30 a 13:00 horas.

Unha vez completada, cada familia deberá presentar a documentación no Rexistro Xeral do Concello das Pontes, solicitando previamente cita nos teléfonos 674 55 21 84 ou 667 12 93 80. Tamén poderá realizarse o trámite a través da sede electrónica do Concello das Pontes.

Para máis información, recoméndase contactar directamente co centro.

0.12545800209045