Aberto o prazo en Muras para as axudas a estudantes

TerraChaXa
Muras abriu este mes o prazo para as axudas destinadas a libros, material complementario, transporte, aloxamento e conexión a internet.
material escolar Pobra Brollón
24 sep 2021

O Concello de Muras abriu este mes o prazo de solicitude das axudas a estudantes destinadas a libros, material complementario, transporte, aloxamento e conexión a internet, en función das etapas educativas. Así, estas van de ata 50 euros para educación infantil e primaria ata 200 euros para Secunadria e Barcharelato. Para alumnado de educación especial ou con discapacidade as axudas aumentan ata 250 euros ou máis mentres que os estudantes universitarios e de formación profesional disporán de axudas que oscilan entre os 350 e os 1.000 euros dependendo dos seus ingresos.

As axudas, que deberán solicitarse no Concello a través das vías habituais, terán de prazo ata 10 de outubro.

Por outra parte, introduciuse xa o ano pasado como novidade, unha liña de axuda de 100 euros, destinada a subvencionar a contratación de internet nos fogares, posto que é necesario que os estudantes conten cunha conexión de velocidade media-alta, para combater a brecha dixital, e garantir que todo o alumnado de Muras matriculado en calquera nivel educativo conte con estes tipo de conexión, dado que en calquera momento poderían tomarse medidas de restricións de movementos, e atoparnos de novo coa ensinanza semi-presencial.

0.1917610168457