Aberto o prazo para o campamento urbano e o multiaventura de Outeiro de Rei

TerraChaXa
O Concello de Outeiro de Rei abre o prazo de incrición para o campamento urbano e o multiaventura que se realizarán en verán.
campamento outeiro de rei
30 Apr 2021

O Concello de Outeiro de Rei abre o prazo de incrición para o campamento urbano que se realizaran do 5 ao 9 de xullo para os nenos de 2º a 6º de primaria e do multiaventura do 28 ao 30 de xuño para os rapaces de 1º a 4º da E.S.O.

O urbano conta con 30 prazas dispoñibles e o multiaventura será en Viveiro e terá 20 prazas. Todas elas cubriranse por riguroso orde de solicitude, tendo preferencia os nenos empadroados no municipio e os alumnos do colexio con respecto aos de fóra.

O prazo para anotarse permanecera aberto do 3 ao 31 de maio ou ata cubrir prazas. Poden reservarse as prazas nas oficinas municipais da Casa da Cultura de 10 a 14.30 horas ou chamando ao 982 39 34 08.

A realización das actividades previstas ou a posible modificación das mesmas queda supeditada a posibles imprevistos que poidan xurdir pola situación sanitaria da covid-19. É obrigatorio o uso de máscara nas actividades.

0.15852904319763