Aberto o prazo para o Concurso de Cartas de Amor de Terra Branca Ribadeo

TerraChaXa | LugoXa
11 Xan 2020

Ata o 14 de febreiro estará aberto o prazo para presentar os traballos á sexta edición do Concurso de Cartas de Amor, que convoca a galería ribadense Terra Branca e que poden ser entregados no propio establecemento ou a través do correo electrónico galeriaterrabranca@gmail.com.

O propietario de Terra Branca, José Ramón Leal, comentou que “estamos moi contentos porque xa estamos "ante a sexta edición. Gustaríame lembrar que o 14 de febreiro, ás doce da noite, pecharase o prazo de presentación de traballos, así que ata ese momento podemos recibir cartas, manuscritos ou a través do noso correo electrónico, por correo postal ou en man en nosa tenta. Cada persoa pode presentar unha ou máis cartas”.

A novidade do VI Concurso de Cartas de Amor é que a extensión dos escritos non poderá superar o folio. Desde Terra Branca consideran que “nun folio pódense condensar e dicir moitas cousas bonitas”.

José Ramón Leal explicou que “o xurado normalmente tomámonos tres ou catro días para dar a resolución. O xurado oficial, que seremos Mini López-Santos Santiago, de Bis a Bis, e eu, temos a gran sorte de contar cun asesoramento profesional do poeta Paco Rivas, un mariñán tamén, que sempre nos bota unha man nestes casos, e o seu criterio profesional axúdanos moito a poder tomar unha decisión final”.

O propietario de Terra Branca contou que “o agasallo será unha peza de autor dun gran artista que é Alfonso Otero Regal. Ademais en pasadas edicións realizamos un vídeoclip coas cartas gañadoras, e este ano queremos repetir a mesma experiencia. En Terra Branca o tema do audiovisual é algo que nos apaixona e queremos aplicalo tamén ao premio deste concurso, así que será un aliciente máis para o gañador”.

José Ramón Leal anima a todos a participar “porque é un concurso moi bonito, é unha forma moi atractiva de falar do amor, de calquera tipo de amor. Deixamos vía libre para que cada cal nos achegue ao amor que sente por unha persoa, por un lugar… de feito algunha das gañadoras escribiu unha carta de amor a Ribadeo. Non ten porqué ser a típica carta de namorados, senón que o amor e a escritura pona cada participante”.

0.12207508087158