Aberto o prazo para reservar praza na acampada do FIV

TerraChaXa
Repartiranse por dúas zonas diferenciadas, a primeira no Estadio Roca e a segunda no pavillón do CEIP Insua Bermúdez
acampada-fiv
20 Mar 2025

O FIV, que se celebrará en Vilalba os días 25, 26 e 27 de abril, abriu o tempo de reserva de parcelas para a acampada.

Nesta ocasión, a organización decidiu que a zona de acampada estivera en dúas zonas diferenciadas, a primeira no Estadio Roca e a segunda no pavillón do CEIP Insua Bermúdez, que é cuberto. A capacidade será de 60 tendas por pavillón e cada parcela será ocupada ata por 3 persoas. Contan con duchas, vestiarios diferenciados e aseos.

Os campamentos abrirán ás 16.00 horas do venres no primeiro caso e ás 17.00 no segundo, e pecharán o domingo ás 14.00 horas.

A reserva pode facerse a través da páxina web, onde estará tamén toda a información e a normativa para poder instalarse os tres días do festival.

Ademais, a organización pon a disposición dos interesados o correo camping@fivdevilalba.com para as consultas que se desexen facer.

Por outra banda, continúa á venda as entradas.

plano-campamento-fiv-vilalba
⚙ Configurar cookies
0.77638912200928