Aberto o prazo para solicitar a bonificación do 90% do IBI para inmobles con actividade agrogandeira

TerraChaXa
O Concello de Vilalba informa da apertura do prazo para a solicitude da bonificación do 90% do IBI daqueles inmobles de natureza urbana ou rústica nos que se desenvolvan total e exclusivamente actividades gandeiros ou agrarias pertencentes ao sector primario ou outras actividades económicas que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, culturais, histórico-artísticas ou de fomento do emprego que xustifiquen tal declaración.
Casa do Concello de Vilalba
30 Nov 2017

As solicitudes acompañdas da documentación requirida poderanse presentar ata o 29 de decembro ás dúas do mediodía na oficina de Tesourería do concello e ata o 31 de decembro de xeito telemático.

Documentación
A solicitude deberá ir acompañada da certificación de facenda no que conste a situación censal do titular da explotación, acreditación de titularidade catastral do inmoble por parte do titular da explotación -ou declaración de autorización de uso das instalacións polo titular catastral en favor do titular da explotación agrogandeira asinada polos dous titulares-, certificación de non ter débedas coa Facenda estatal, autonómica nin coa Seguridade Social do titular catastral. As débedas coa administración local consultaranse de oficio polos servizos municipais. Así mesmo, será necesario achegar xustificante do recoñecemento de explotación, licencia da actividade correspondente ou folla de saneamento gandeiro en vigor da explotación; ademais dunha memoria xustificativa do especial interese da actividade correspondente.

0.13888883590698