Aberto o prazo para solicitar as vivendas rehabilitadas nas vellas escolas da Pastoriza
O Concello da Pastoriza abriu o prazo de soliciutde de alugueiro das seis vivendas que foron rehabilitadas nas antigas escolas unitarias de Álvare, Bretoña e Crecente.
O prazo de solicitude permanecerá aberto ata o 16 de xuño tal e como vén reflectido no Boletín Oficial da Provincia do 16 de maio.
A duración do contrato de alugueiro será dun ano prorrogable a cinco e deberá constituírse como domicilio habitual e permanente da persoas seleccionada.
As vivendas arréndanse sen mobles, contando coa instalación de auga quente, sistema de calefacción mediante estufa de pellets, cociña equipada con mobiliario baixo e electrodomésticos básicos, vitrocerámica, forno, frigorífico, lavadeiro e lavadora.
Á hora de facer o reparto terá prioridade as solicitudades de colectivos vulnerables, como afectados por desahucios, vítimas da violencia de xénero ou persoas con discapacidade.