Aberto xa o prazo para participar na IX edición da CAMOVI

TerraChaXa | AMariñaXa
16 Xan 2019

Este ano celebrarase a IX Edición da CAMOVI. Unha carreira de montaña pionera na provincia e que se consolidou no tempo, chegando a ser a segunda proba da Copa de España de Carreiras por Montaña no 2016. Dita carreira celebrarase o 27 e 28 de abril en Viveiro.
Este ano vén cargado de novidades, recuperaron a C10K, tendo entón tres distancias oficiais, C42K, C21K e C10K. Ademais seguen sendo pioneros coa C45K ETAPAS, primeira carreira por montaña en etapas de Galicia.
Como novidade tamén crearon a CAMOVI KIDS para os máis peques e xcontinúan cos xa clásicos trainings.
Na última edición esta proba congregou a uns 700 participantes entre atletas e afeccionados. De momento hai uns 100 inscritos.
Para federados o período de inscrición é ata o 7 de abril e terá un prezo de 23 euros e 28 euros a partir do 8 de abril. Para os non federados o periodo de inscrición é ata o 7 de abril e terá un prezo de 28 euros e 33 euros a partir do 8 de abril.
A inscripción dá dereito a os sete avituallamientos máis o situado na chegada, a camiseta conmemorativa da carreira, unha bolsa do corredor e sorteo de agasallos, asistencia sanitaria durante a proba, o transporte en autobús dos ata a saída da C21K, comida, duchas e a zona VIP do corredor con bar, pinchos, música e zona de descanso.
Todas as probas sairán o domingo 28 de abril a partir das 8 da mañá e escalonadamente, C42K, ás 8 da mañá, C10K ás 9 da mañá, C10K ás 9 da mañá, C21K ás 10:45 horas, e CAMOVI KIDS ás 11 da mañá. A proba C45K ETAPAS sairá ás 8 da mañá os dous días 27 e 28 de abril.

0.168133020401