Abre a biblioteca de Vilalba de martes a venres pola mañá

TerraChaXa
O buzón de devolucións localizado na porta de entrada ás instalacións seguirá habilitado
biblioteca-vilalba
10 sep 2024

A Biblioteca Municipal volveu abrir onte as súas portas en horario de 14:30 a 20:30.

Durante as xornadas do martes, mércores, xoves e venres o horario será de 8:30 a 14:30 pero coa chegada do outono tamén comezará o horario habitual da biblioteca, de 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 19:30 de luns a xoves e os venres de 8:00 a 15:00.

Mentres tanto, o buzón de devolucións localizado na porta de entrada ás instalacións seguirá habilitado para facer devolucións de préstamos.

0.18190813064575