Abre a inscrición en Guitiriz para a excursión ao Aquapark

TerraChaXa
Terá lugar o 1 de xullo con saída ás 10:30 horas desde o pavillón Jonathan Carro
aquapark-cerceda
Parque acuático de Cerceda
4 Xuño 2024

O Concello de Guitiriz abriu o prazo de inscrición para participar nunha excursión ao Aquapark de Cerceda, que se levará a cabo o luns 1 de xullo e que está dirixida ao público en xeral.

A saída está prevista para as 10:30 horas desde o pavillón municipal Jonathan Carro e o regreso para as 21 horas.

O prazo para anotarse remata o venres 14 de xuño. Pode formalizarse de forma presencial na casa do concello e o prezo é de 15 euros, incluíndo a entrada e o bus.

0.099468946456909