Abre a inscrición nas actividades deportivas de Muras
TerraChaXa
Muras organiza actividades sociais e deportivas que se iniciarán o 8 de novembro e para as que o prazo de inscrición xa está aberto.
28 Out 2021
O Concello de Muras organiza unha serie de actividades sociais e deportivas que se iniciarán o 8 de novembro e para as que o prazo de inscrición xa está aberto. Os interesados deberán inscribirse no propio Concello.
Así, os luns haberá zumba ás 19.30 horas e pilates os martes de 19.15 a 20.15 horas. Estas dúas clases desenvolveranse no local social. Os mércores será a vez das manualidaes, ás 19.30. Á mesma hora terá lugar os xoves a clase de baile e pandeireta, esta última dúas horas de duración. Estes dous cursos serán na Casa do Médico.