Abre a inscrición para a carreira popular de Meira

TerraChaXa
Meira convoca a terceira edición da Carreira Popular Vila de Meira, tras dous anos de parón, que terá lugar o sábado 13 de agosto.
carreira popular meira portada
20 Jun 2022

O Concello de Meira convoca a terceira edición da Carreira Popular Vila de Meira, tras dous anos de parón, que terá lugar o sábado 13 de agosto na vila a partir das 17:30 horas e con chegada á praza do Concello.

Cambia completamente a estrutura da competición, que contará con dúas carreiras absolutas, para maiores de 16 anos, que percorrerán 4 ou 8 quilómetros.

Ademais, establécense tamén carreiras para as distintas categorías para os menores, que van dende os pitufos, para os nados entre 2018 e 2020, ata a de cadete, para os de 2007 e 2008.

As carreira darán comezo desde as 17.30 horas para os máis pequenos con saídas cada 5 ou 10 minutos e percorridos que van dende os 50 metros para os máis pequenos ata os 3 quilómetros dos cadetes.

A competición de adultos ten a súa saída ás 18.30 para os de percorrido curto e ás 19.00 para os do largo.

A organización establece un prezo de inscrición só para os da absoluta que é de 5 euros para os que se apunten antes do 21 de xullo, despois será de 7 euros.

Os dorsais e os chips de cronometraxe entregaranse o día da proba na praza do Concello de 12:00 a 18:00 horas. Ademais a organización porá duchas a disposición dos atletas nas instalacións do pavillón municipal.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.179279088974