Abre a inscrición para as actividades culturais e deportivas de Xermade

TerraChaXa
No mes de novembro darán comezo as distintas actividades culturais propostas para o curso 2022-2023 por parte do Concello de Xermade.
actividades culturais xermade
20 Out 2022

No mes de novembro darán comezo as distintas actividades culturais propostas para o curso 2022-2023 por parte do Concello de Xermade, que rematarán na última semana do mes de maio de 2023.

Por unha parte haberá manualidades en Cazás (na Escola A Casavella) os venres de 20.30 a 22.30. Do 4 de novembro ó 26 de maio. En Miraz serán na Casa Escola os venres de 16.30 a 18.30. Finalmente, en Roupar (O Campo) serán os sábados de 16.30 a 18.30. As tres comezarán a primeira semana de novembro.

Tamén haberá costura en Roupar (A Criba) o segundo e cuarto venres do mes, de 17.30 a 20.30. Estas darán comezo o 11 de novembro. Zumba impartirase en Xermade, no pavillón, os Luns de 19.30 a 20.30; e Pilates será en Momán (Casa escola) tamén os luns pero de 18.00 a 19.00. Comezan as dúas últimas o 3 de novembro.

Os cursos contará con outro de Teatro na Casa Habanera de Roupar os mércores de 17.30 a 19.30. Comeza o 2 de novembro e neste caso remata o 31 de maio.

A última actividade, Xermade camiña, será os martes de 11.00 a 12.00 con saída diante co Concello. Esta iniciarase o 8 de novembro e tamén ten previsto finalizar o 30 de maio.

As persoas interesadas en inscribirse poden facelo de forma presencial no Concello ata o 27 de outubro.

0.095024824142456