Abre a inscrición para dúas actividades de da Aula CeMIT de Guitiriz

TerraChaXa
As persoas interesadas poderán anotarse en ambas actividades ata o próximo 17 de decembro
cursos-aula-cemit-guitiriz
13 Dec 2025

A Aula CeMIT do Concello de Guitiriz vén de abrir o prazo de inscrición para dúas novas actividades incluídas dentro da programación municipal polo Nadal. Trátase do obradoiro sobre ciberseguridade Nadal Ciberseguro e o obradoiro de robótica Acción con Micro:bit, ambas propostas con prazas limitadas e inscricións abertas ata o próximo 17 de decembro.

A primeira das propostas, Nadal Ciberseguro, terá lugar o 18 de decembro de 10:15 a 11:45 horas. Trátase dun taller gratuíto centrado en ofrecer ferramentas e coñecementos para facer fronte ás estafas e riscos que aumentan durante estas datas.

As persoas asistentes aprenderán a recoñecer as fraudes máis habituais no Nadal, diferenciar ofertas reais de webs enganosas, comprobar a seguridade dos métodos de pago e coñecer os riscos asociados aos xoguetes e dispositivos conectados. O obxectivo é promover boas prácticas para realizar compras en liña con total confianza.

A segunda actividade é o obradoiro de robótica Acción con Micro:bit, dirixido a persoas maiores de 8 anos e cun límite de 12 prazas. Celebrarase o 22 de decembro de 16:30 a 18:00 horas.

Durante a sesión, as persoas participantes empregarán a ferramenta Micro:bit para dar vida a pequenos robots, nunha proposta que combina aprendizaxe e entretemento, perfecta para achegar a programación e a robótica dun xeito lúdico.

As persoas interesadas poderán anotarse en ambas actividades ata o próximo 17 de decembro a través do correo electrónico cemit.guitiriz@xunta.gal ou chamando ao 982 37 00 62.

⚙ Configurar cookies
0.076169967651367