Abre a inscrición para o campamento de verán de Riotorto

TerraChaXa | AMariñaXa
Será entre os días 1 e 31 de xullo en horario de 10 a 14 horas e está dirixido a nenos de 4 a 14 anos
campamento-veran-riotorto
Cartel do campamento
27 Maio 2024

O Concello de Riotorto organiza de novo este ano un campamento de verán para rapaces. Esta actividade inclúe obradoiros, excursións, xincanas, búsqueda do tesouro e máis sorpresas.

Será entre os días 1 e 31 de xullo en horario de 10 a 14 horas e está dirixido a nenos de 4 a 14 anos. As inscricións poden facerse na Casa do Concello antes do venres 26 de xuño ata completar as prazas dispoñibles, que son 30. O prezo por neno non empadroado no Concello é de 120 euros sendo de balde para os empadroados, incluído un almorzo.

O servizo tamén contará con horario conciclia, de 9.00 a 10.00 para aqueles que o necesiten.

0.20037388801575