Abre a inscrición para o novo curso na piscina da Pastoriza

TerraChaXa
O Concello da Pastoriza vén de abrir o prazo de inscrición para o novo curso.
62020340_2067102633596294_2969851584604798976_o
10 Xuño 2020

O Concello da Pastoriza vén de abrir o prazo de inscrición para o novo curso. Dita inscrición pode realizarse on line e tamén pode indicarse a formación que se quere realizar.

A instalación, que abriu hai pouco máis dun ano tras estar paralizada durante varios anos debido a problemas administrativos, mantivo durante todo o curso un amplo programa de actividades e cursos aberto a toda a poboación, que foron suspendidos debido á orde de confinamento. O centro aínda permanece pechado.

Nos próximos días devolverase a parte proporcional do recibo do mes de marzo, xa que durante ese mes por mor do covid-19 tivéronse que suspender as actividades da piscina, tendo xa cobrado o mes completo.
0.062432050704956