Abre a inscrición para os obradoiro de informática da Aula CeMIT de Guitiriz

TerraChaXa
As inscricións, que son de balde, poden formalizarse na propia aula ata o xoves 18 de setembro
aula-cemit-guitiriz
12 Sep 2025

A Aula CeMIT de Guitiriz abre o prazo de inscricións nos talleres de informática 2025-26 este venres 12 de setembro. O prazo estará aberto ata o próximo xoves 18 de setembro e as inscricións pódense formalizar na propia aula de xeito presencial sen custo algún.

As clases darán inicio o luns 6 de outubro e haberá varias quendas, dúas para persoas adultas e outras dúas para menores. As primeiras delas, as de adultos, serán os martes e xoves pola mañá, en horario de 10:15 a 12:15 horas, ou pola tarde, en horario de 16:15 a 18:15 horas. Por outra banda, as quendas para a rapazada dividiranse segundo a idade. Os nenos e nenas e 7 a 9 anos asistirán aos talleres os luns de 16:15 a 17:30 horas, mentres que os de 10 a 12 anos farano os mércores de 16:15 a 17:30 horas.

Para obter máis información sobre os cursos e consultar dúbidas pódese escribir aos enderezos electrónicos da Aula CeMIT (cemit.guitiriz@xunta.gal) e da biblioteca municipal (biblioteca@concellodeguitiriz.com), ou chamar por teléfono ao 982 370 062.

⚙ Configurar cookies
0.07059907913208