Abre a inscrición para un curso de natación en Outeiro de Rei
TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Outeiro de Rei abre o prazo de inscrición para un curso de NATACIÓN que terá unha duración de 3 meses.
28 Xan 2022
O Concello de Outeiro de Rei abre o prazo de inscrición para un curso de natación que terá unha duración de 3 meses e que se desenvolverá a partir do 3 de febreiro e ata o mes de maio, os xoves ás 11:00 horas no Centro Deportivo D10 situado na parroquia de Mosteiro.
O número de prazas dispoñibles é de 10 e a cota para actividade é de 90 euros. O prazo de inscrición estará aberto ata o día 2 de febreiro de 2022.
As persoas interesadas poden recibir máis información ou realizar a inscrición na Casa da Cultura, no Servizo de Deportes, no teléfono 982 393 408.