Abre a piscina de Meira ata o 31 de agosto e mudan horarios municipais
O Concello de Meira abriu as portas da piscina municipal, que estará operativa durante os meses de verán.
Os usuarios poderán gozar desta instalación, que cumprirá con todas a medidas fronte á covid-19, en horario de 12.00 a 20.00 horas.
Os interesados en adquirir bonos para varios baños terán que achegarse ata as dependencias municipais, mentres que na piscina poñeranse á venda as entradas para un día.
OUTROS HORARIOS MUNICIPAIS
Por outra banda, o Concello de Meira tamén mudou os horarios de atención nalgunhas das oficinas.
Así, agora a atención ao público no Concelo será de luns a vernes de 9.00 a 13.00 horas. O centro sociocultural e biblioteca será nas mesmas xornadas pero de 9.00 a 14.00 horas.
Tamén muda o horario da oficina de turismo que será de martes a sábado de 10.00 a 13.30 horas e de 16.30 a 19.00 horas. Os domingo só atenderá pola mañá.