Abre a piscina de Meira este luns ata o 31 de agosto

TerraChaXa
O Concello de Meira abre este luns as portas da piscina municipal, que estará operativa durante os meses de verán.
auga-piscina
Piscina
30 Xuño 2024

O Concello de Meira abre este luns as portas da piscina municipal, que estará operativa durante os meses de verán.

Os usuarios poderán gozar desta instalación en horario de 12.00 a 20.00 horas.

Os interesados en adquirir bonos para varios baños terán que achegarse ata as dependencias municipais, en horario de 9.00 a 14.00 horas, mentres que na piscina poñeranse á venda as entradas para un día.

Os prezos son de 30 euros para os maiores de 30 anos e de 10 para os menores. Ademais, son 20 euros para xubilados, 40 euros para familias e 55 para numerosas.

0.10949397087097