Abre a piscina de Muras este martes

TerraChaXa
O Concello de Muras acordou a apertura este ano da súa piscina de verán, que foi remodelada hai tres tempadas.
piscina-muras
2 Xul 2023

O Concello de Muras acordou a apertura este ano da súa piscina de verán, que foi remodelada hai tres tempadas.

Así, o horario da piscina de muras será de 12.00 a 20.00 horas de luns a venres e de 13.00 a 21.00 horas as fins de semana.

Trala súa apertura, despois da posta a punto regulamentaria, o martes, esta seguirá en uso ata o 15 de setembro.

O Concello lembra que  o uso das instalacións é gratuíto.

0.17113304138184