Abre a pista multideporte de Riotorto

TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello de Riotorto abriu xa ao público a pista multideporte situada no centro da vila e que foi realizada cun investimento de 30.
67332357_2835768836494206_6860532492340822016_o
31 Jul 2019

O Concello de Riotorto abriu xa ao público a pista multideporte situada no centro da vila e que foi realizada cun investimento de 30.000 euros con cargo á Secretaría Xeral para o Deporte.
As obras foron executadas nunha semana e consistiron na realización dunha soleira de formigón para colocar sobre ela a propia pista.
Está acondicionada para fútbol sala e baloncesto, aínda que tamén pode utilizarse para a práctica do tenis.
Polo momento, tal e como explica o alcalde, non haberá que facer reserva e xa está aberta ao uso público.
Ademais, Clemente Iglesias avanzou que xa foron adxudicadas novas obras dentro do Plan Único da Deputación Provincial, Trátase da mellora dos accesos de Franco a Soutelo, unha obra que ten un orzamento de 47.900 euros e que comezará a facerse entre agosto e setembro cun prazo de execución dun mes.

0.16571593284607