Abre a tempada de verán no Club Fluvial de Friol o 17 de xuño
As piscina municipais de Friol, situadas nun remodelado Club Fluvial adiantan a súa apertura axudadas polo bo tempo e a demanda popular.
Así, comezarán a tempada o próximo 17 de xuño e manteranse en activo ata o 17 de setembro.
O horario será tamén moi amplo, xa que estarán activas de luns a venres de 14.00 a 20.00 horas e as fins de semana e días festivos este amplíase de 12.00 a 21.00 horas.
Novamente este servizo contará con prezos populares. Así, a entrada diaria para os menores de 5 anos será de balde e para os que teñan entre 6 e 14 anos custará 1 euros. Para maiores de 14 sobe ata os 3 euros.
Así mesmo, o Concello de Friol pon á disposición dos veciños os abonos de tempada completa, que teñen un prezo de 15 euros para usar de xeito individual e de 30 euros para familias. Esta aplícase para parellas con fillos minores de idade que residan no mesmo concello.
O verán pasado estreáronse as novas instalacións do Club Fluvial, que foron reformadas tras 40 anos sen cambios. As obras consistiron na renovación integral da edificación do edificio central ademais das dúas piscinas exteriores, unha de adultos e outra infantil, que ten o recinto. Tamén se executaron traballos de urbanización e a creación de espazos axardinados.
Por outra banda, a previsión é continuar coa urbanización de parte da contorna da praia fluvial, localizada nunha das marxes do río Narla coa renovación do paseo e a construción dunha ponte sobre o río.
Tamén se fixo a mellora da pista de tenis.