Abre, ata o 20 de marzo, o prazo de matrícula nos centros educativos

TerraChaXa | AMariñaXa
Desde o venres día 1 e ata o 20 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2019/20, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles/as alumnos/as de Educación Infantil, de Educación Primaria de ESO e de Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar, sempre que haxa prazas dispoñibles.
28 Feb 2019

O calendario do procedemento de admisión e matrícula está establecido na Orde de 12 de marzo de 2013, que pode consultarse no DOG.
Tal como queda reflectido na dita Orde, a solicitude de admisión poderase presentar ata o 20 de marzo. Para tal fin, os proxenitores dispoñen dunha ferramenta informática a través da cal, se así o desexan, poderán cumprimentar e presentar as solicitudes de escolarización. Deste xeito, garántese o dereito da cidadanía ao acceso electrónico aos servizos públicos, mantendo tamén a posibilidade de presentar esta solicitude de forma presencial.
A aplicación ‘admisionalumnado’ (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) posibilita que as familias cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.
Ademais, as familias poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento utilizando o código que xera a aplicación ao cumprimentar a solicitude, xunto co DNI do/a proxenitor/a asinante.
Tal como quedou establecido no sorteo público que tivo lugar hoxe na Consellería, en caso de empate de puntos para unha mesma praza, as letras de prioridade establecidas neste sorteo foron “E” e “C” para o primeiro apelido e “U” e “P” para o segundo.

0.18910694122314