Abre en Guitiriz unha exposición sobre a evolución na segunda metade do XX
TerraChaXa
Coincidindo coas festas patronais, o Concello de Guitiriz inaugura o día 21 a mostra Cousas de Pepe de Pígara, unha mostra que representa unha viaxe aos anos 50, 60 e 70.
20 Jun 2018
Coincidindo coas festas patronais, o Concello de Guitiriz inaugura o día 21 a mostra Cousas de Pepe de Pígara, unha mostra que representa unha viaxe aos anos 50, 60 e 70. O seu obxectivo é amosar o moito que cambiou a vida de todos e a cultura nos últimos anos a través do uso de obxectos cotiáns.
A mostra estará na Casa Barxa ata o 31 de agosto. A inauguración terá lugar ás 17.00 horas na praza do Ecce Homo.