Abre en Guitiriz unha exposición sobre Francisco Asorey con concurso
A vida e obra do escultor cambadés Francisco Asorey, homenaxeado no Día das Artes Galegas 2024, chega á escola Habanera de Guitiriz da man dos usuarios e usuarias da Asociación Alume de Guitiriz.
Froito desta colaboración as persoas visitantes poderán descubrir as súas obras nos 9 paneis informativos creados para a ocasión. Francisco Asorey González está considerado un dos renovadores da arte galega e unha das figuras máis relevantes da renovación da arte escultórica española do século XX.
A exposición Vida e obra de Francisco Asorey estará aberta ao público desde ata o 31 de maio, na entrada da escola Habaneira.
Ademais dos paneis informativos as persoas usuarias de Alume crearon un pequeno reto a resolver sobre a vida e obra do escultor homenaxeado. Entre todos os visitantes sortearase unha axenda de edición limitada centrada nas fortificacións das terras e comarcas de Lugo e un calendario homenaxe do escultor Francisco Asorey.