Abre en Lugo unha mostra da exposición de 50 anos do Belén de Begonte

TerraChaXa | LugoXa
A Delegación Territorial da Xunta en Lugo abriu a mostra 50 anos do Belén de Begonte, organizada polo Centro Cultural Xosé Domínguez Guizán.
belen de begonte xunta
22 Out 2021

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo abriu a mostra 50 anos do Belén de Begonte, organizada polo Centro Cultural Xosé Domínguez Guizán, entidade promotora do Belén electrónico, declarado de Interese Turístico de Galicia. A exposición está formada por 13 paneis que repasan a historia do Belén a través de diferentes textos e fotografías.

A mostra pode visitarse na Sala de Exposicións da Delegación Territorial de luns a venres, entre as dez da mañá e as oito da tarde; e os sábados pola mañá, de nove a dúas. Nos vindeiros meses, o colectivo organizador prevé achegala a máis de 30 concellos dos diferentes Camiños de Santiago.

cartaz exposicion belen begonte xunta
0.14912414550781