Abre en Meira unha exposición sobre o traballo do exército en Afganistán

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou en Meira na inauguración da exposición itinerante Misión: Afganistán, e agradeceu á Subdelegación de Defensa que “traia á provincia esta iniciativa que axuda a comprender o traballo do Exército e o importante labor que desempeña nas operacións internacionais”.
A mostra está composta por unha trintena de imaxes, paneis informativos, uniformes de combate e outro material relacionado coa presencia militar española no país desde 2002 ata finais de 2014. Poderá verse no espazo O Centro de Meira ata o 30 de novembro, de luns a domingo en horario ininterrompido e con entrada libre e gratuíta.