Abre en Rábade a exposición Dúas Artes durante un mes

TerraChaXa | LugoXa
A Casa do Concello de Rábade acollerá dende este xoves, 19 de maio, unha exposicón conxunto baixo o título Dúas Artes.
CARTEL EXPOSICION DUAS ARTES RABADE PORTADA
17 May 2022

A Casa do Concello de Rábade acollerá dende este xoves, 19 de maio, unha exposicón conxunto baixo o título Dúas Artes, con obras de Carlos Santos e José Luís Bibí.

A inauguración da mostra terá lugar ás 19.00 horas e poderá visitar en horario municipal ata o 20 de xuño.

Durante un mes os veciños da localidade poderán coñecer a obra do pintor Carlos Santos e do escultor José Luis Abeledo, máis coñecido como Bibí. Eles chegan á comarca desde as terras do Deza.

O pintor, natural de Riosucio e formado en Cartaxena de Indias (Colombia) leva anos residindo en Lalín e, despois de varias actividades expositivas e artísticas que o levaron desde Ecuador, Alemaña, Suíza e xa en España, Ferrol, Madrid ou o mesmo Lalín, achega a súa obra a Rábade coa serie de pintura titulada Entropía nas herdanzas.

O escultor Bibí, tamén de Lalín, presenta varios dos seus Ferranchos, diversos deseños formais de evocación xeométrica a base de cerámica, madeiras erosionadas ou ferro envellecidos, todo materiais que tiveron unha vida anterior.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.082211971282959