Abre en Vilalba unha exposición póstuma do pintor Alfonso Sanjurjo
TerraChaXa
A penúltima, primeira exposición póstuma do pintor coruñés con raíces vilalbesas Alfonso Sanjurjo estará no Auditorio do 12 ao 28 de maio.
9 Maio 2023
A penúltima, primeira exposición póstuma do pintor coruñés con raíces vilalbesas Alfonso Sanjurjo estará no Auditorio Municipal Carmen Estévez do 12 ao 28 de maio. O horario de apertura ao público será de luns a venres polas tardes de catro a dez e os sábados pola mañá das dez as dúas.
A exposición consta de dazaoito cadros en técnica mixta sobre táboa onde o pintor debuxou triángulos levados ao infinito nunha deriva cara paisaxes abstractas onde sobresae a forza da cor.
O texto escrito para a exposición destaca que esta serie “embalsama moitas das etapas previas de Sanjurjo que se destilan cunha aparente sinxeleza formal” para dar paso á súa etapa máis innovadora.