Abre esta fin de semana unha mostra de restauración de mobles en Pol

Pol
LugoXa | TerraChaXa
Foron realizados nos cursos organizados pola Asociación de Mulleres Rurais Olvido de Pol
exposicion-mobles-pol33
A exposición do ano pasado
14 Xuño 2024

A Caseta da Carballeira de Pol acollerá dende o venres 14 ata o domingo 16 de xuño unha exposición de mobles restaurados nos cursos organizados pola Asociación de Mulleres Rurais Olvido de Pol.

A mostra ábrese hoxe, venres, de 16.00 a 19.00 horas mentres o sábado e o domingo a ese horario de tarde engadirase outro de mañá de 11.00 a 14.00 horas.

0.14865589141846