Abre hoxe a piscina de Pol despois das obras e ata o 1 de setembro

Pol
LugoXa | TerraChaXa
O centro estivo pechado xa que se estiveron realizando as obras pendentes para acoller os sistemas de depuración e cloración da auga
piscina-municipal-de-Pol
20 Xul 2024

A piscina municipal de Pol abrirá hoxe despois dos traballos realizados e permanecerá en uso ata o 1 de setembro.

O horario será de luns a venres entre as 15.00 e as 21.00 horas e os sábados e domingos en horario continuado de 13.00 a 21.00 horas. O único día que non abrirá será o 24 de agosto, por ser festivo local.

O centro estivo pechado xa que se estiveron realizando as obras pendentes para acoller os sistemas de depuración e cloración da auga. Este atraso na apertura da piscina foi debido a outras obras en marcha, as do polideportivo, que obrigou a tirar o caseto onde estaba a depuradora e facer outro novo.

O Concello podería ampliar o funcionamento da piscina despois do día 1 se o tempo o permite.

0.10302710533142