Abre hoxe o prazo para a xestión de visitas escolares en Sotavento

TerraChaXa
Tamén se desenvolven actividades nos propios centros educativos que o soliciten, onde os educadores/as e materiais desprázanse ata os centros de ensino
sotavento-producion-hidroxeno-verde
23 Sep 2025

Hoxe, martes 23 de setembro, ábrese o prazo para a xestión de visitas escolares para este curso académico. Sotavento conta cunha ampla variedade de actividades pedagóxicas de educación enerxética adaptadas aos diferentes niveis educativos, que, como vén sendo habitual, ten unha gran demanda entre a comunidade educativa e o público en xeral.

Sotavento conta cunha modalidade de actividades, a máis coñecida, que se levan a cabo nas súas instalacións de Xermade, entre as que destaca a vivenda bioclimática e as instalacións renovables.

Pero ademais, tamén se desenvolven actividades nos propios centros educativos que o soliciten, onde os educadores/as e materiais desprázanse ata os centros de ensino.

Esta modalidade está dirixida a todos os niveis educativos e especialmente recomendada tanto para a Educación Infantil como para actividades de formación enerxética dirixidas ao profesorado. Para máis información sobre custes e características das distintas propostas: whatsapp 652808173.

Os aspectos fundamentais sobre os que xira Sotavento son as súas repercusións ambientais e económicas no uso das diferentes fontes de enerxía. Deste xeito, Sotavento pretende que as persoas que participan nas actividades reflexionen de forma práctica, didáctica, experimental e participativa sobre a necesidade dun uso enerxético responsable e eficiente dos recursos dispoñibles.

Para xestionar unha visita pódese contactar a través do teléfono 981 563 777. Whatsapp 652 808 173.

Máis información na páxina web: https://www.sotaventogalicia.com/ ou a través das redes sociais (www.facebook.com/FSotavento o www.instagram.com/fsotavento).

⚙ Configurar cookies
0.10153794288635