A biblioteca de Xermade acollerá unha exposición fotográfica sobre Os Vilares

TerraChaXa
A partires do sabado 26, a bilioteca de Xermade acollerá a exposición de fotografía VilarEXPO, imaxes da natureza dos Vilares de Luís de Fabete que permanecerá un mes exposta.
epovilares
18 Xan 2019

A partires do sabado 26, a bilioteca de Xermade acollerá a exposición de fotografía VilarEXPO, imaxes da natureza dos Vilares de Luís de Fabete que permanecerá un mes exposta. Na inauguración, que terá lugar ás 11.30 horas do 26 proxectarase o documentar Entrar aos Vilares e celebrarse un coloquio posterior. A entrada é libre.

A relación da parroquia de Guitiriz con Xermade é moi estreita, tanto pola proximidade xeográfica como pola historia en común, sobre todo coa localidade de Momán, á que se trasladaron moitos vilaregos, e pola intensa transacción comercial da feira. Lazos familiares, comerciais e históricos unen a Xermade con Guitiriz a través das parroquias de Labrada e dos Vilares fundamentalmente.

José Luis Tejido Comba, Luís de Fabete (1949) é un fotógrafo tardía, un vilarego que foi floricultor, labrego e presidente do monte comunal dos Vilares. Dotado dunha sensibilidade especial, Luís é un gran amante da natureza e da etnografía, descubridor tamén de pezas arqueolóxicas como un machado prehistórico ou a mámoma das Carriceiras.

A VilarEXPO conta con 33 imaxes de 50x70 de etnografía e natureza da parroquia dos Vilares.

0.1467719078064