Abre na Casa Dopeso unha exposición da médico e artista Lucía Freire
TerraChaXa
Son acuarelas que recollen paisaxes e lugares emblemáticos de distintos países
4 Out 2024
A Casa Dopeso das Pontes acolle desde hoxe, venres 4, ata o 31 de outubro a mostra Caderno de Bitácora, da artista e médico coruñesa Lucía Freire.
A mostra poderá visitarse de luns a venres de 9.00 a 15.00 e de 16.30 a 20.30 horas e os sábados de 10.30 a 14.00 horas.
Trátase dunha mostra de acuarelas cos paisaxes máis emblemáticos ou que más atraeron á pintora nas súas viaxes por distintos países.
As creacións desta autora, que exerce de médico en Sarria, tiveron unha moi boa acollida entre o público e conformar esta primeira exposición en solitario.