Abre na Pastoriza o prazo para anotarse a clases de ukelele e guitarra
TerraChaXa
Volven este ano as clases de guitarra e ukelele ao Hábitat cultural Fogar de Maeloc da Pastoriza, dous fermosos instrumentos.
20 sep 2022
Volven este ano as clases de guitarra e ukelele ao Hábitat cultural Fogar de Maeloc da Pastoriza, dous fermosos instrumentos que poden aprenderse a tocar co profesor Manu Fandiño.
Xa está aberto o prazo de inscrición e as clases darán comezo en outubro tanto para o nivel de iniciación como para o de perfeccionamento.
Os interesados en anotarse ou informarse poden facelo no teléfono 639 987 715 ou no correo fogardemaeloc@gmail.com, así como na propia cafetería da casa da cultura.
Natural de Lugo, Manu Fandiño desenvolve o seu labor como docente na Escola de Música Cantarela. É profesor de guitarra clásica, eléctrica e ukelele na ESMUG dende 2017.