Abre nas Pontes a exposición Resilentes

TerraChaXa
O Concello das Pontes acolle a exposición de rúa Resilentes promovida pola delegación de Ferrol, da Asociación Española Contra o Cancro.
cancro muller resilentes
17 Dec 2021

O Concello das Pontes acolle, desde este venres 17 de decembro, a exposición de rúa Resilentes promovida pola delegación de Ferrol, da Asociación Española Contra o Cancro e Afundación, a Obra Social de Abanca.

Trátase dunha colección homenaxe a varias mulleres que sufriron ou sofren na actualidade cancro de mama, unha serie de imaxes, autoría da artista Helena Segura-Torrella, coas que pretende mostrar a resiliencia, a actitude de adaptación ante un problema desta índole.

A fotógrafa acompaña a varias mulleres durante a súa experiencia co cancro de mama. Retratos fotográficos de estudo que van acompañados dos seus testemuños a través dos que comparten a súa experiencia, os retos que as acompañaron, as inquietudes que lles xerou o proceso, a esperanza e a vida para celebrar, así como expresan o seu agradecemento aos e as especialistas sanitarias.

A mostra estará ubicada nas rúas do centro da vila e poderá visitarse ata o 17 de xaneiro.

0.16062903404236