Abre nas Pontes o período de inscrición nas actividades da piscina

TerraChaXa
O Concello das Pontes abre, o día 11 de outubro, o período de nas actividades da piscina municipal para o curso 2021-2022.
piscina natacion
9 Out 2021

O Concello das Pontes abre, o día 11 de outubro, o período de nas actividades da piscina municipal para o curso 2021-2022. Este ano, as incricións realizaranse en dúas fases.

Así, as persoas interesadas deberá realizar unha preinscripción inicial, de forma telemática, a partir do luns, 11 de outubro, a través dun formulario que se publicará na páxina web do concello ese mesmo día.

A continuación a administración da piscina e por vía telefónica, confirmará a reserva da praza sendo necesario realizar o pago da matricula, na propia instalación antes de que comecen os cursos, para que a formalización da reserva sexa efectiva.

Todas aquelas persoas que non dispoñan de medios dixitais, poderán achegarse ata a piscina municipal para realizar a presinscrición, de forma presencial, no horario de apertura de instalación.

Este ano, no vaso da piscina, impartiranse cursos de natación para bebés e niveis (de cero a catro) para nenos e nenas desde 3 a 16 anos. Para @s bebés (nen@s nados entre 2019 e 2021) as sesións serán de 30 minutos de duración, e os cursos impartiranse os sábados.

Para o nivel 0 (nenos e nenas nados no 2018) as sesións terán unha duración de 30 minutos e tendo a posibilidade de escoller unha ou dúas sesións á semana mentres que para os niveis de 1 a 4 (nen@s nados do 2017 e anos anteriores) haberá unha única sesión dunha hora de duración á semana.

Para as persoas adultas haberá cursos de natación (iniciación e perfeccionamento) e de matronatación. As sesións, en todos os casos, terán unha duración de 60 minutos e o número de sesións oscilará entre dúas e tres.

Por outra banda, a piscina municipal renova a súa proposta de actividades dirixidas, ofertando, este ano, aquagym, adestramento funcional, pilates e GAP. As sesión en todos os casos terán unha duración de 60 minutos e o número de sesións oscilará entre dúas e tres.

O número de persoas que poderán participar en cada unha das actividades quedará limitado á normativa sanitaria vixente en cada momento.

Así mesmo, só se permitirá o acceso dunha única persoa acompañantes aos vestiarios para crianzas menores de 7 anos e a entrada deberá realizarse de maneira escalonada para cumprir cos aforos de ocupación.

O uso da máscara será obrigatorio nas zonas comúns ata o momento de acceder ao vaso de baño, sendo necesario que cada persoa leve un portamáscaras e, tanto nas actividades dirixidas con monitor como no uso do ximnasio por libre, será obrigatorio o uso de máscara.

0.20488500595093