Abre nas Pontes o prazo de inscrición das escolas culturais
O Concello das Pontes abre hoxe, 8 de setembro, o prazo de matrícula nas escolas municipais culturais para o curso 2021-2022.
Entre os días 8 e 14 de setembro, o alumando matriculado no curso 2019-2020 poderá solicitar a renovación de praza nas escolas municipais culturais se complentou o curso, con asistencia habitual ás clases, se non ten recibos pendentes ou non foi baixa.
Como novidade, este ano a inscrición deberá realizarse, preferentemente, de forma telemática a través da sede electrónica do concello (https://sede.aspontes.org/opencms/es/procedimientosytramites/tramites/Solicituddeinscripcionescuelasmunicipalesculturalesetc.html)
Aquelas persoas que non dispoñan de medios ou coñecementos para realizar a inscrición online poderán descargase os impresos na páxina web municipal ou acudir ao Departamento de Cultura, de luns a vernes, de 09:00 a 14:00 horas, onde se lles facilitarán os impresos de solicitude de matrícula. Unha vez cubertos e asinados poderán presentalos no mesmo departamento ou a través do correo electrónico (cultura@aspontes.org).
Recibida a solicitude de matrícula esta será revisada pola administración e notificarase electrónicamente ou por correo electrónico ao alumnado a confirmación da praza e horario, a taxa a pagar así como o prazo de pago.
Unha vez rematado o prazo de inscrición do alumando matriculado no curso 2019-2020, o listado de prazas vacantes exporase, o día 22 de setembro, no tabolerio de anuncios do Departamento de Cultura, e abrirase o prazo de incrición, do 23 ao 29 de setembro, para o alumnado de novo ingreso. A solicitude deberá realizarse, preferentemente, de forma telemática a través da sede electrónica do concello.
A adxudicación destas plazas farase de forma directa, no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles ou por sorteo público, que se celebrará o 1 de outubro, ás 10:00 horas, no Salón da Casa Dopeso, no caso de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles.
O Departamento de Cultura notificará por correo electrónico ou teléfono a adxudicación de praza, e dará ao novo alumnado as instrucións e prazos para a realización do pago da matrícula.
O responsable da área, Vicente Roca apunta que “este ano, debido ás circunstancias especiais provocadas pola covid-19, o desenvolvemento do curso 2021-2022 será distinto, haberá cambios nos horarios, no tempo de duración das clases e no número de alumnos e alumnas que poderán participar en cada actividade co obxectivo prioritario de garantir o cumprimento das normas establecidas polas autoridades sanitarias e velar pola saúde do alumnado e profesorado e por extensión da veciñanza”.